É a variedade de uva branca máis representativa de Monterrei. Presenta un perfil aromático amplo e completo con aromas rústicos con moita mineralidade, froitas brancas cun toque herbáceo e unha agradable fragrancia floral.
Na boca manifesta unha presenza potente e intensa, o que dá viños cunha excelente estrutura e equilibrio.