Frescura
e serenidade

Esencia Mara Martín

Esencia Mara Martín

De espírito aventureiro, Mara Martín é verbo, é acción Con personalidade curiosa e decidida que permite fuxir da rutina e en constante movemento.

Nacido no corazón de Monterrei, Mara Martín é tamén unha expresión de amor e respecto polo lugar que o viu nacer.

Mara Martín é moito máis ca un viño. É un convite a mergullarse nun mundo de exploración, emoción e conexión coas raíces. É un viño que nos convida a saborear, a explorar e a deleitarse coa vida, con cada intre.

Descubre Mara Martín

Elaborado con uvas godello procedentes de viñedos situados no val e nas ladeiras de Monterrei, Mara Martín é un viño branco no que saborear a esencia, a frescura e a serenidade do interior galego.

Un viño envolvente e refrescante no que destacan as notas florais e de froita branca; mazá, cítricos, xasmín…

Descubre Mara Martín

Orixe de Mara Martín

Orixe de Mara Martín

Mara Martín nace dunha coidadosa selección de viñedos situados no val e nas ladeiras de Monterrei.

Situados no noroeste de España, no interior galego, estes viñedos gozan dun clima mediterráneo con tendencia continental lixeiramente influenciada polo Atlántico. Os seus invernos son fríos e os seus veráns cálidos, con poucas precipitacións e noites frescas.

Estas características climáticas convérteno no territorio propicio para que a uva godello alcance a súa máxima expresión.