MARA MARTÍN NACE NO CORAZÓN DE MONTERREI

Monterrei é unha localidade situada na provincia de Ourense, ao sueste de Galicia, que linda co norte de Portugal.

O territorio da Denominación de Orixe Monterrei pertence á conca do río Douro, onde desemboca o río Támega, que atravesa a rexión da denominación de norte a sur.

CORRE POLAS SÚAS VEAS A ESENCIA DA GALICIA INTERIOR

A viticultura histórica e as variedades autóctonas da D.O. Monterrei dan como resultado viños moi elegantes, de carácter froiteiro e cun corpo que combina tradición e modernidade cun profundo respecto pola contorna.

Unha comarca de gran riqueza cultural, unha paisaxe bañada polas cores do viño e enriquecido pola súa historia e gastronomía. Camiños centenarios, rutas de peregrinación, arquitectura popular, montes interminables…

Clima

O clima de Monterrei caracterízase pola súa tendencia continental. Iso tradúcese en veráns secos e con poucas precipitacións, con altas diferenzas de temperatura entre o día e a noite.

As súas características climáticas fan que sexa o territorio propicio para que a uva godello alcance a súa máxima expresión.

CHANS, VALES E LADEIRAS

O río Támega divide a comarca en dúas zonas: val e ladeiras. Os viñedos atópanse a 400-700m sobre o nivel do mar.

Esta diferenciación é resultado dunha gran variedade de chans e orientacións que, unido aos microclimas propios das zonas onde se atopan os viñedos de ladeira, producen uns viños con características moi diferenciadas e con gran complexidade aromática.

CONVIDÁMOSTE A DESCUBRIR A NOSA TERRA, MONTERREI.