Godello

Godello

É a variedade de uva branca máis representativa de Monterrei. Presenta un perfil aromático amplo e completo con aromas rústicos con moita mineralidade, froitas brancas cun toque herbáceo e unha agradable fragrancia floral.

Na boca manifesta unha presenza potente e intensa, o que dá viños cunha excelente estrutura e equilibrio.

Vendima

Para elaborar o noso Mara Martín realizamos unha vendima manual de viñedos seleccionados.

Ademais disto, facemos a vendima nocturna, que nos permite coller a uva fría debido ao clima continental da zona. Realizamos un prensado con esta uva fría e mantemos deste xeito todo o seu potencial.

Vendima